2011 O naufraxio do Santa Isabel no Faro de Vigo

O diario olívico Faro de Vigo, publica na súa edición de hoxe mércores 2 de marzo unha reportaxe sobre o naufraxio do vapor – correo Santa Isabel afundido hai 90 anos nos baixos da illa de Sálvora. O artigo publica datos da obra “Salvora, memoria dun naufraxio” que a vindeira semana sairá do prelo nunha edición en rústica actualizada.
A reportaxe do Faro de Vigo publica fotografías inéditas da homenaxe que tributou o pobo de Vigo ás heroínas do naufraxio, imaxes cedidas polo autor da obra Xosé María Fernández Pazos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress